Saturday 18 de May de 2024

Alternativa reclamará á Xunta medidas contundentes contra a praga dos xabaríns en Bergondo


Sexamos claros, o descontrol total que padecemos a día de hoxe en gran parte de Galicia no que respecta á poboación de xabaríns ten un nome; PRAGA. Fai uns meses Alternativa dos Veciños levou a pleno unha proposta ben razonada e documentada para solicitar á Xunta de Galicia a adopción, dunha vez e decididamente, cartas no asunto. Asunto que, sigamos sendo claros, estásenos indo totalmente das mans. A actual alcaldesa limitouse a relativizar o problema e a enmendou a nosa moción, transformándoa nun adefesio sen contido de ningún tipo.

O problema é moito máis grave do que para algúns ou algunhas semella ser. A irrupción desta fauna nas estradas e camiños está cada vez máis presente como factor clave detrás de moitos accidentes de tráfico. Por non falar dos danos en propiedades e colleitas, ataques a cans nas casas etc. Os concellos -entre eles o noso- debemos tomar conciencia e exixir de xeito contundente e decidido á Xunta de Galicia (a administración competente en materia de medio ambiente e caza) que comece, dunha vez, a tomar medidas eficaces para reducir drásticamente a poboación duns animais que sempre existiron, mais nunha no número descontrolado de agora.